Skip to content
marques-de-vizhoja-slide-1
BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA
Acompañámoste nos momentos bos desde 1968

D. Mariano Peláez fundou en 1968 Bodegas Marqués de Vizhoja

Somos os seus fillos Jorge e Javier Peláez os que continuamos na actualidade coa xerencia da nosa bodega familiar.

O EMBLEMA 

Os nosos viñedos

Os nosos viñedos galegos esténdense por case 40 hectáreas nunha das subzonas da D.O. Rías Baixas, na ribeira dereita do río Miño. Entre eles álzase o Pazo Torre La Moreira. Este edificio histórico cumpre coa función defensiva do terreo desde o século XVIII. Hoxe é un emblema da nosa bodega.

TRADICIÓN E INNOVACIÓN

Coñece as nosas Bodegas

Desde Bodegas Marqués de Vizhoja querémoslles abrir as nosas portas aos amantes do enoturismo. Nelas atoparán actividades culturais de calidade que adaptamos ao público de todas as idades.

Durante a visita ás nosas instalacións e viñedos descubrirán como conseguimos conxugar tradición vitícola e innovación. Ao longo de anos de traballo de varias xeracións, conseguimos alcanzar a excelencia en cada un dos produtos que se elaboran na nosa empresa.

Debido á situación actual da COVID-19, as nosas portas permanecerán pechadas ata novo aviso.

Marq
O VIÑO DE DON MARIANO SEN D.O.
Marqués de Vizhoja

O noso viño máis afamado. Un viño que destaca pola súa relación calidade-prezo. O viño de sempre para os de sempre.

Mariano Peláez

Saber máis
Botella Señor da folla verde
Marqués de Vizhoja
OS NOSOS VIÑOS
Marqués de Vizhoja
D.O. Rías Baixas

Señor da folla verde é o noso viño branco máis exclusivo da bodega, suxeito a unha produción limitada de botellas. Un Condado do Tea composto de uvas albariña (70%), loureira (15%) e treixadura (15%), amparado baixo a D.O. Rías Baixas. Este coupage dispón de certificado vegano por V-Label e está incluído no movemento Slow Food Compostela.

Saber máis
Botella Torre de la moreira
Marqués de Vizhoja
OS NOSOS VIÑOS
Torre la Moreira
D.O. Rías Baixas

Torre La Moreira, o noso viño monovarietal 100 % albariño, D.O. Rías Baixas. Un viño composto de uvas propias recollidas manualmente na nosa Finca La Moreira e outras leiras do Condado do Tea. Este albariño ten un certificado vegano de V-Label e está incluído no movemento Slow Food Compostela. Torre La Moreira foi o primeiro albariño en incluír a súa etiqueta nun sistema de lectura braille.

Saber máis
Marqués de Vizhoja Blog
Latest News
23-09-2021
De la tradición a la innovación: Raxo vegano de la mano del restaurante Arco da Vella
23-09-2021
De la tradición a la innovación: Empanada de Longueirón de la mano del restaurante Cuatro Perras
23-09-2021
De la tradición a la innovación: “Pulpo a grella” de la mano del restaurante Orixe.
23-09-2021
De la tradición a la innovación: Oreja agridulce de la mano de A Horta d´Obradoiro
Vendimia Bodegas Marqués de Vizhoja
20-09-2021
¿Qué se hace en la vendimia?
SUBSCRÍBETE PARA RECIBIR INFORMACIÓN
Newsletter

    Responsable: BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U.
    Finalidade: Manter a relación comercial co usuario.
    Lexitimación: Consentimento.
    Destinatarios: Non se comunicarán datos a terceiros.
    Dereitos de acceso, rectificación, supresión, cancelación ou oposición.
    Máis información detallada sobre o tratamento de datos na nosa Política de privacidade