A confidencialidade e a seguridade son valores de BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. e, en consecuencia, asume o compromiso de garantir a privacidade do usuario en todo momento e de non recompilar información innecesaria sobre o Usuario.

BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U., sendo propietaria da tenda online www.bodegasmarquesdevizhoja.com, en cumprimento da Lei 34/2002 de 11 de xullo, de servizos  da sociedade da información e de comercio electrónico, informa:

  • Que o dominio www.bodegasmarquesdevizhoja.com, a partir de agora website ou sitio web, está rexistrado a nome de BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U.
  • Que, en cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, a continuación se expoñen os datos identificativos de BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA:
    • Nome ou razón social: BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U.
    • CIF: A36655025
    • Enderezo: Finca La Moreira s/n
    • C.P. 36438
    • Provincia: Pontevedra
    • País: España
    • Inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, Folio 166, libro 609, folla PO-401, inscrición 1ª
    • Enderezo de correo electrónico de contacto: marquesdevizhoja@marquesdevizhoja.com
  • Que a páxina web de BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. se adecúa no seu funcionamento e configuración ás normas establecidas na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, no relativo a todas as actividades e servizos fornecidos por BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U. (mediante medios electrónicos, incluídos dentro do chamado concepto de “servizos da sociedade da información”.

Este Aviso Legal ofrécelle información ao usuario sobre as condicións de acceso e uso do presente website establecidas por BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U. É importante que o usuario lea coidadosamente e comprenda as condicións de acceso e uso contidas no presente AVISO LEGAL. Dado que os contidos e produtos do website versan sobre bebidas alcohólicas, o acceso só está permitido aos maiores de idade. Por favor, se es menor abandona inmediatamente o website.

Información sobre propiedade intelectual e industrial

BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U. é o titular en exclusiva dos Dereitos de Explotación do presente website. BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U. resérvase todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial derivados do presente sitio, sendo necesaria a autorización expresa e por escrito de BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U.

Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficas, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos de propietario do website ou dos seus lexítimos titulares sobre os mesmos.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do website por calquera medio distinto dos que se poñan á disposición dos usuarios, así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen ningún prexuízo no sitio Web.
  • O propietario do website non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran ter a súa causa en:
    • A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da Web e/ou dos seus servizos ou contidos.
    • A falta de utilidade, adecuación ou validez da Web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos, ou expectativas dos usuarios.
    • A existencia de virus, así como programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
    • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos usuarios, dos contidos.
    • O uso ilícito, neglixente, fraudulento ou contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública do sitio Web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
    • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos fornecidos por terceiros e postos á disposición dos usuarios no sitio Web.
  • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos fornecidos aos usuarios a través do sitio Web.

Para os efectos de preservar os posibles dereitos de propiedade intelectual, no caso de que algún usuario ou un terceiro considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido na Web, deberalle notificar a dita circunstancia a BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U., indicando: datos persoais do interesado titular dos dereitos presuntamente infrinxidos. Se a reclamación a presenta un terceiro distinto do interesado, deberá indicar a representación coa que actúa.

  • Indicación dos contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e a súa localización na Web.
  • Acreditación dos citados dereitos de propiedade intelectual.
  • Declaración expresa na que o interesado se responsabiliza da veracidade das informacións achegadas na notificación.
  • A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos achegados por terceiros é de responsabilidade exclusiva destes.
  • O establecemento de calquera “hiperligazón” entre unha páxina web e calquera das páxinas web do website estará sometido ás seguintes condicións:
    • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do website.
    • A páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan nin ningún outro signo distintivo pertencente ao website.
    • Baixo ningunha circunstancia, o propietario do website será responsable dos contidos ou servizos postos á disposición do público na páxina web desde a que se realice a “hiperligazón” nin das informacións e manifestacións incluídas nela.

Condicións e termos de rexistro e acceso ao sitio web

O acceso ao website e á información relativa a calquera dos produtos e servizos que este conteña implica a aceptación das condicións previstas no presente Aviso Legal. Por iso recomendámoslle que lea atentamente o seu contido se vostede desexa acceder e facer uso da información e os servizos ofrecidos desde o website.

Status de usuario e usos permitidos e prohibidos:

  • O acceso ao sitio web reflectido como website, así como o seu uso, atribúelle a quen o realiza a condición de usuario, aceptando, desde ese mesmo momento, plenamente e sen ningunha reserva, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.

O usuario comprométese a utilizar o sitio Web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

Así mesmo, queda prohibido o uso do Web con fins ilícitos ou lesivos contra a razón social propietaria do website ou calquera terceiro, ou que, de calquera maneira, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio Web.

BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U. resérvase o dereito de excluír, temporal ou definitivamente, os usuarios en calquera dos seguintes supostos:

  • Por incumprimento de calquera das presentes condicións xerais de uso.
  • Por incumprimento das leis, a moral e a orde pública.

Obxecto

Na web www.bodegasmarquesdevizhoja.com, o usuario poderá atopar información acerca da bodega, os viñedos, a historia, o enoturismo, os viños e os licores. Ademais, poderá acceder á tenda online onde poderá comprar os nosos viños e licores, podendo contactar con BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U. polas vías indicadas no formulario de contacto ou mediante un correo electrónico ao enderezo marquesdevizhoja@marquesdevizhoja.com, reservándose o dereito de poder ofrecer outros contidos e ligazóns relacionados ou non co anterior.

Duración e modificacións

A duración da prestación do servizo do sitio Web e dos servizos é de carácter indefinido.

Sen prexuízo do anterior, o propietario do website resérvase o dereito a interromper, suspender ou rematar a prestación do servizo da Web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.

Poderase modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que se considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio Web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio Web.

Ligazón a outros sitios web

Desde www.bodegasmarquesdevizhoja.com poderase acceder aos perfís das redes sociais como Twitter, Facebook, Instagram, YouTube e LinkedIn, onde se poderá atopar información sobre os produtos ofertados por BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U e as súas noticias. Neste sentido, se se navega por www.bodegasmarquesdevizhoja.com estando identificado na correspondente rede social, débese ter en conta que, se se accede ao perfil do titular desde www.bodegasmarquesdevizhoja.com nestas redes sociais, recibirá cookies deses sitios web. BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U. no poderá controlar os axustes das cookies de terceiros, polo que se suxire se comprobe os sitios web de ditos terceiros para obter máis información acerca das súas cookies e como se deben xestionar.

Responsabilidades

Os usuarios comprométense a facer un uso adecuado dos produtos e contidos que BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. ofrece a través da súa web e a non os empregar para:

  • Incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública.
  • Difundir contidos de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos.
  • Provocar datos nos sistemas informáticos de BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U.
  • Introducir ou difundir na rede de BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. virus informáticos ou outros sistemas que impliquen ou sexan susceptibles de provocar danos.
  • Desenvolver actividades que teñan que ver con técnicas non autorizadas: descompilación ou codificación de contido.

Dita información é extensible a ligazóns, contidos e opinións non pertencentes ao titular e non aloxados na web de BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U. A responsabilidade correspóndelle, en todo caso, aos titulares dos contidos dos sitios en cuestión. BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. non se fai responsable do uso incorrecto que, no seu caso, puidera efectuarse dos contidos ofrecidos, declinando toda a responsabilidade ao respecto.

Prestación do servizo

BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. resérvase o dereito a modificar os seus programas, así como as características técnicas de acceso e transmisión, sistematización dos datos subministrados. Cando os cambios non permitan un uso compatible con versións anteriores instaladas, BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. será a encargada de comunicalo a través do seu website.

BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. poderá interromper parcial o totalmente o servizo da súa web por cambios técnicos ou avarías, comunicándoo previamente a través do seu sitio web ou outro medio habilitado ao efecto.

BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. non pode garantir a ausencia de virus nin doutros elementos daniños, introducidos por terceiros, que puideran causar alteracións ou danos no sistema informático, nos documentos electrónicos ou en ficheiros do usuario que visite a súa web, aínda que se velará, na medida do posible, pola seguranza informática dos soportes usados polo usuario na súa navegación polo website de BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. Polo tanto, BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. non responderá polos danos e prexuízos que tales elementos puideran ocasionarlle ao usuario ou ao terceiro.

Dereitos de disclaimer e imaxe

BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U. non se fai responsable dos contidos, informacións e imaxes que non dependan do seu website, nin sexan xestionados por BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U., aínda que aparezan na súa web en virtude de calquera convenio firmado por BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA S.A.U.

Validez

No caso de que algunha cláusula do presente aviso, ou parte da mesma, fora declarada nula, a dita circunstancia non afectará á validez do resto.

Lexislación aplicable e xurisdición

As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española.

O propietario do website e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais do enderezo de BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U. para cantas cuestións puideran suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.