Jorge Peláez
Presidente e propietario
de Bodegas Marqués de Vizhoja.
“É condición dos nosos xenes ter mosto nas veas. Esa é a razón pola que amamos e gozamos tanto do que facemos”
Jorge Peláez
Desenvolvemento de negocio e éxito de marca
Jorge Peláez é titulado en International Administration en Nova Orleans (EE. UU.). Ao longo da súa carreira traballou en todo o proceso de elaboración do viño, desde a orixe ata a distribución. É un perfecto coñecedor do control da uva, a vendima, a elaboración, o embotellamento e a comercialización.
“É condición dos nosos xenes ter mosto nas veas. Esa é a razón pola que amamos e gozamos tanto do que facemos”. Ser fillo de Mariano Peláez marca de por vida.
Seguindo os pasos do seu pai, púxose como obxectivo “que non quede nin un so país no que no sexa posible beber un dos viños de Bodegas Marqués de Vizhoja”. Niso enfocou a súa carreira. Está especializado en labores comerciais e de marketing, que desempeña xunto coa xerencia do negocio. É un dos embaixadores de Bodegas Marqués de Vizhoja “dentro e fóra das nosas fronteiras”.
O viño e a familia son sinais de identidade que marcan a súa traxectoria. Por iso, o seu maior orgullo é “formar parte de Bodegas Marqués de Vizhoja, unha empresa e unha gran familia”.