Javier Peláez
Enólogo e propietario
de Bodegas Marqués de Vizhoja.
“A vendima é a maxia na que se produce o equilibrio entre a terra e a persoa”
Javier Peláez
Creatividade e paixón pola elaboración
“A vendima é a maxia na que se produce o equilibrio entre a terra e a persoa”.
Javier Peláez pertence á segunda xeración da familia que creou Bodegas Marqués de Vizhoja. A saga dos Peláez foi tamén promotora da creación da D.O. Rías Baixas. É unha familia dedicada á viticultura, pioneira na defensa e na reivindicación da uva. De feito, Javier Peláez compaxina o seu traballo na bodega co seu cargo de membro e xuíz no comité de cualificación e cata de viños do Consello Regulador Rías Baixas.
Javier Peláez conta con máis de 25 anos de experiencia como enólogo na dirección técnica de Bodegas Marqués de Vizhoja. Como fiel discípulo de seu pai, D. Mariano Peláez, mostra un verdadeiro fervor polo seu traballo, polo coidado do viñedo e pola elaboración dos viños e os seus coupages.
Esa admiración polo seu pai levouno a poñerse como misión “seguir os seus pasos á fronte dunha empresa de importantísima tradición familiar”. O seu traballo ten como obxectivo “que os nosos produtos sigan conquistando padais de todo o mundo”. Son moitos os amantes do viño que xa os desfrutan e por iso o seu mellor orgullo é “que os nosos viños, que con tanto mimo coidamos namoren o consumidor anada tras anada”.