Señor da folla verde
Notas de cata
Señor da Folla Verde é o viño branco máis exclusivo da nosa bodega cunha produción de botellas limitada. Só comercializamos 20.000 botellas ao ano deste albariño Rías Baixas. Para a súa elaboración empregamos uvas albariña (70 %), loureira (15 %) e treixadura (15 %).
Todas son cultivadas na Finca La Moreira, onde as seleccionamos manualmente. No viñedo elixido para a elaboración deste albariño realizamos o que se coñece como “poda verde” no verán. É dicir, pódase un 40 % dos acios para asegurar o óptimo crecemento dos restantes.
Este Rías Baixas rende homenaxe ás uvas tradicionais, autóctonas, do Condado do Tea.
Con todo tipo de comidas, especialmente con mariscos, peixes, patés e afumados.
Con sumo coidado arrefece entre 5 e 7 graos e macérase entre 14 e 16 horas cunha fermentación suave a 14 graos que dura 16 días.
O noso viño Señor da Folla Verde presenta unha cor amarela palla con notas verdosas. O aroma, pleno e meloso, recorda a froita madura, cuns trazos florais. Ofrece un sabor fresco, completo, selecto, cálido e diferente.