Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 55€
Skip to content

Señor da folla verde

Colleita 2020
Señor da Folla Verde
Limpiar
* Foto botella 0,75 l.
Tipo de viño
Viño branco
Denominación de orixe
D. O. Rías Baixas
Tipo de uvas
70 % albariña, 15 % treixadura e 15 % loureira
Alcohol
13,5 Vol.

Notas de cata

Características

Señor da Folla Verde é o viño branco máis exclusivo da nosa bodega cunha produción de botellas limitada. Só comercializamos 10.000 botellas ao ano deste albariño Rías Baixas. Para a súa elaboración empregamos uvas albariña (70 %), loureira (15 %) e treixadura (15 %).

Todas son cultivadas na Finca La Moreira, onde as seleccionamos manualmente. No viñedo elixido para a elaboración deste albariño realizamos o que se coñece como “poda verde” no verán. É dicir, pódase un 40 % dos acios para asegurar o óptimo crecemento dos restantes.

Este Rías Baixas rende homenaxe ás uvas tradicionais, autóctonas, do Condado do Tea.

V Label
Slow Food Compostela
Maridanza

Con todo tipo de comidas, especialmente con mariscos, peixes, patés e afumados.

Señor da Folla Verde
Temperatura de consumo
Entre 8-10 grados
Elaboración

Con sumo coidado arrefece entre 5 e 7 graos e macérase entre 14 e 16 horas cunha fermentación suave a 14 graos que dura 16 días.

O noso viño Señor da Folla Verde presenta unha cor amarela palla con notas verdosas. O aroma, pleno e meloso, recorda a froita madura, cuns trazos florais. Ofrece un sabor fresco, completo, selecto, cálido e diferente.

Ficha de cata
SUBSCRÍBETE PARA RECIBIR INFORMACIÓN
Newsletter

    Responsable: BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA, S.A.U.
    Finalidade: Manter a relación comercial co usuario.
    Lexitimación: Consentimento.
    Destinatarios: Non se comunicarán datos a terceiros.
    Dereitos de acceso, rectificación, supresión, cancelación ou oposición.
    Máis información detallada sobre o tratamento de datos na nosa Política de privacidade