Mariano Peláez Lomana

O pai de Bodegas Marqués de Vizhoja: o noso pai

O viño faise no viñedo, non na bodega

Mariano Peláez

O noso pai, un visionario no mundo do viño

Nacín en Bouzas (Vigo) o día dedicado á Virxe do Carmen, patroa dos mariñeiros, o 16 de xullo de 1935. Os meus pais deixaran a súa terra natal, Palencia, para buscar un mellor porvir. O meu pai, Mariano Peláez Muñoz, era de orixe palentino e propietario de mojuelos (viñedos). A miña nai, Ángeles Lomana Redondo, era burgalesa e pasteleira. Na miña cidade natal fundaron unha familia e abriron unha taberna de viño e ultramarinos.

Con so 10 anos de idade, acompañaba o meu pai a comprar o viño que despois vendía e despachaba no negocio. A miña nai encargábase de que fora con el. Dous anos despois matriculáronme na escola de comercio. Aos 16 decidín que quería empezar a traballar.

Aínda lembro aquela conversa co meu pai. Achegueime a el para propoñerlle compaxinar o traballo na taberna e o ultramarinos cos estudos.

A súa reacción foi rápida. “Queres traballar comigo?”, preguntoume. A continuación, quitou o mandil de cor caqui e mentres mo poñía, xunto cun lapis na orella, volveu preguntar “sabes multiplicar?”…

Respondín cun rotundo “si” e empecei a recitar de inmediato a táboa do 4…

O meu pai interrompeume e respondeu: “Iso non vale, fillo; non basta con multiplicar números, tes que saber, tamén, multiplicar o negocio”.

Así foron os meus comezos no negocio familiar. Pouco a pouco foise especializando no subministro de produtos delicatessen. Todo iso sucedía nos anos 60, cando Bouzas estaba converténdose no barrio residencial dos novos armadores de Vigo. Nese momento pensei en abrir máis tendas deste tipo nos principais barrios da cidade, pero a uva e o viño seducíranme.

O ano 1968 foi un dos máis importantes na miña traxectoria profesional. Fundei Bodegas Marqués de Vizhoja; chegou o primeiro premio ao traballo, o Premio Hoja de Parra, e viu a luz o meu primeiro viño, Marqués de Vizhoja, o viño da Hoja de Parra. Era un fiel reflexo do sabor auténtico, un viño que sabía a uva, de calidade e de espírito emprendedor.

So cinco anos despois, en 1976, comprei a Finca La Moreira. Na capela do pazo encontrei unha imaxe da Virxe do Carmen. Daquela souben que a miña sorte e o meu futuro estaban alí, nese eido con máis de 120.000 metros cadrados de extensión e unha plantación de 10.000 metros.

Nese momento comezamos o traballo no viñedo, que daría os seus froitos anos despois. Comezamos a adaptación dos viñedos de Arbo. Creamos viñedos profesionais cunha plantación automatizada. Enxertamos as cepas e fomos pioneiros no uso da forma de “uve”.

Ao mesmo tempo, traballei na creación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. O B.O.E. recolle a súa fundación en 1988. Ese ano saíu a primeira anada controlada pola D.O., cando so contaba con 14 bodegas.

O mesmo ano saíron das nosas bodegas dous Rías Baixas, Torre La Moreira, albariño 100%, e Señor da Folla Verde, cun 70% de uva albariña, 15% de treixadura e 15% de loureira.

O viño que deu orixe á miña carreira, Marqués de Vizhoja, continúa a súa andaina ata hoxe como un viño de autor, sen D.O.

Bodegas Marqués de Vizhoja