A Historia da adega
As Bodegas constituíunas en 1968 D. Mariano Peláez. Os seus fillos Javier e Jorge Peláez continúan hoxe coa labor do que no seu día foi tamén membro fundador do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e un firme defensor da profesionalización do sector e a recuperación das uvas autóctonas.
O viño de D. Mariano
O NACEMENTO DO TERMO
As Bodegas Marqués de Vizhoja fundounas o noso pai no ano 1968. Daquela o viño albariño case non era coñecido e aínda non se introducira no mercado.
Pero a orixe hai que buscala anos antes. A historia da nosa bodega comeza no almacén dunha taberna da zona de Bouzas (Vigo). Nese ultramarinos propiedade dos nosos avós naceu o “viño de D. Mariano”.
A súa calidade fíxoo merecedor dun premio nun certame de viños, cuxo galardón foi unha folla de parra. Esa foi a orixe da marca. Noso pai decidiu unir o termo “vide”, como elemento máis importante para o cultivo do viño, co da folla de parra. A tradición de incluír un termo nobiliario nos viños durante os anos 60 fixo que D. Mariano Peláez adoptase o título de “Marqués” para completar o seu viño.
Así xurdiu a idea de Marqués de Vidhoja… que se transformou no definitivo “Marqués de Vizhoja” debido a un erro de imprenta, ao cambiar o “d” polo “z”. A sonoridade do termo fixo que o noso pai adoptara o nome actual.
Cabe destacar que o noso pai foi pioneiro en conceptos como a maridaxe. Desde os seus inicios incluíu na botella o rodaballo, para vincular a maridaxe dos viños brancos aos peixes e mariscos. Antigamente este símbolo estaba colgado en formato papel na botella, e na actualidade forma parte dela.
Finca la Moreira
UN LUGAR PRIVILEXIADO
Anos despois, en 1976, D. Mariano decidiu comprar o pazo localizado na Finca La Moreira. O clima, a orografía e a proximidade ao Río Miño fan deste un lugar privilexiado para o cultivo da uva.
O pazo, de carácter defensivo, conta cunha estrutura que data do século XVIII, e está construído na zona fronteiriza entre España e Portugal. A súa posición estratéxica outorgoulle unha función defensiva. De feito, desde o pazo divísase todo o val.
O COMPROMISO E A VALORACIÓN DO ALBARIÑO
O compromiso do noso pai co viño galego queda patente na súa traxectoria.
Foi un dos 14 primeiros profesionais que promoveron a creación do Consello Regulador D.O. Rías Baixas. Os seus propios colegas designárono Cabaleiro do Albariño. Un recoñecemento á valorización sen concesións dos viños albariños, á súa reivindicación das uvas autóctonas e ao seu papel en defensa da profesionalización do sector.
En definitiva, un recoñecemento á súa ampla traxectoria profesional, que o converteron nun exemplo a seguir polos profesionais do sector vitícola en Galicia.
Toda unha historia, toda unha vida dedicada ao mundo do viño.
Mariano Peláez Lomana. O pai de Bodegas Marqués de Vizhoja: o noso pai.
Historia da bodega
UN PERCORRIDO DESDE OS INICIOS
Botellas non dispoñibles para a venda salvo a versión máis recente