Bodegas MDV Slide 1
BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA
Compromiso co viño da terra
Bodegas MDV Slide 1
BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA
Compromiso co viño da terra

Noso pai, D. Mariano Peláez, transmitiunos unha filosofía que se resume en dedicación e tradición. O respecto polo traballo tradicional e a unión dos medios actuais para lograr unha fusión de arte e enoloxía.

 Como adoitaba dicir: “O viño faise no viñedo, non na bodega”.

A nosa filosofía

TRADICIÓN E INNOVACIÓN

Somos os seus fillos, Jorge e Javier Peláez, os que continuamos á fronte da xestión das Bodegas Marqués de Vizhoja na actualidade.

Durante os seus anos de traballo transmitiunos o coñecemento adquirido coa súa experiencia e un afán indiscutible por acadar a máxima calidade. Para iso apostou por un equilibrio entre a innovación e a tradición secular da elaboración do viño en Galicia. Esas ensinanzas son as que pretendemos manter vixentes na nosa bodega e transmitirllas á próxima xeración.

A nosa historia comeza na Finca La Moreira

Na realidade, trátase dun antigo secadoiro de tabaco convertido en bodega. Os depósitos novos de aceiro inoxidable con control de temperatura dan proba da modernización do espazo. Con eles elaboramos os viños seguindo uns procesos actuais. O Pazo La Moreira é onde continúa o noso camiño, un lugar convertido na sede do imaxinario “Marquesado de Vizhoja”. Este edificio simboliza a antiga nobreza galega e as formas tradicionais de cultivo e explotación da terra.

As uvas

As uvas de Bodegas Marqués de Vizhoja presentan un equilibrio de acidez óptimo. Iso permite unhas producións de calidade excepcional con albariño, loureira e treixadura. O segredo baséase no terreo onde se asenta a Finca La Moreira. O Condado do Tea conta cunha terra de gran calidade. O Río Miño garante un clima favorecedor para o cultivo. A orografía xoga tamén un papel clave. A inclinación da ladeira protexe os viñedos contra xeadas, ventos e temperaturas extremas. Ademais, facilita a drenaxe natural cara ao Miño. Todo iso dá lugar a un terroir privilexiado, como se pode comprobar nas nosas uvas.

“É condición dos nosos xenes ter mosto nas veas. Esa é a razón pola que amamos e gozamos tanto do que facemos”

Jorge Peláez. Presidente e propietario de Bodegas Marqués de Vizhoja.